martes, 10 de diciembre de 2013

Elaboración dun relato de aula con enfoque interdisciplinario

Durante a clase teórica, a profesora pediunos, con todo o que xa sabemos, que elaborásemos por grupos de traballo, un relato de aula con un enfoque interdiciplinar. Non obstante, non podiamos escoller temas sobre os animais e as plantas, o corpo humano e a saúde e alimentación e nutrición, posto que son temas moi comúns que todo o mundo escolle sempre.

  • Como nos organizamos para facer a tarefa?
En primeiro lugar tivemos que pensar o tema entre os tres, cousa que nos levou bastante tempo decidir ao restrinxirnos certos temas que son máis sinxelos.

Unha vez pensado o tema, redactamos entre os tres o relato de aula, facendo unha breve explicación de por que presenta un enfoque interdisciplinar.

Cabe destacar que nun principio tiñamos feito un relato sobre a reciclaxe, pero como non nos convencía demasiado e xa utilizaramos ese tema para o apartado 3 da actividade 7, decidimos cambialo polo actual, que trata sobre a orientación espacial.

  • Que fixemos durante a clase?
Durante a clase, a profesora deixounos tempo suficiente para que cada grupo realizase o seu propio relato de aula.

Finalmente, escolleu un grupo de traballo para que lese en alto a súa creación e puidese así corrixir os erros que puidesen aparecer e que nos podían afectar a cada un de nós. 

  • A posta en común.
O relato de aula do grupo que leu en alto, estaba dirixido para o alumnado de 5º de Educación Primaria e o tema de traballo eran os muíños eólicos. O tema xurdiu do interese do alumnado que tiña curiosidade por saber:

- Como funcionan?
- Que son?
- Para que serven?

As áreas que decidiron que ían traballar eran as áreas de coñecemento do medio natural, social e cultural, a área de matemáticas e a área de lingua castelá e literatura.

Non obstante, habería que determinar como poderían contribuír esas tres áreas para contestar as preguntas plantexadas polo alumnado. Para iso débese facer unha detección de ideas previas e, a partir de aí, ver as achegas que poden facer esas áreas ao tema dos muíños.

  • Reflexións.
Esta tarefa non supuxo demasiado esforzo para nós porque a fixemos durante a hora de clase e ademais, ao traballar anteriormente cos relatos de aula sobre as plantas e sobre o mar, xa tiñamos adquiridos uns coñecementos que non posuïamos ao principio do curso.


O resultado final do noso propio relato de aula é o seguinte:

No hay comentarios:

Publicar un comentario