martes, 10 de diciembre de 2013

As competencias básicas

As competencias fan referencia a unha variedade de elementos ou facetas da persoa como coñecementos, habilidades ou actitudes que están presentes ou deben adquirirse.

A Ley Orgánica de Educación 2/2006, do 3 de maio, establece o desenvolvemento e a adquisición por parte do alumnado dunhas competencias básicas durante a etapa de escolarización obrigatoria.

Por competencias básicas se refiren a aquelas que o alumnado ten que ter desenvolvido ao finalizar a ensinanza obrigatoria de tal xeito que lle permitan lograr a súa realización persoal, exercer unha cidadanía activa, incorporarse á vida adulta de maneira satisfactoria e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ó longo de toda a vida.

Para DeSeCo, existen tres criterios para seleccionar unha competencia como clave, básica ou esencial:
  1. Que contribúa á obtención de resultados de alto valor persoal e social.
  2. Que sexa aplicable a un amplo ábaco de contextos e ámbitos relevantes.
  3. Que sexa importante para todas as persoas para superar con éxito as exixencias complexas.

As competencias básicas teñen unhas características propias:
  • Só teñen sentido na acción, polo que se aprenden mediante a realización de actividades ou tarefas.
  • Polo tanto, as actividades ou tarefas complexas deséñanse tendo en conta as competencias e os contidos do currículum.
  • Avalíanse tendo en conta os criterios de avaliación do currículum.
  • Para traballar unha serie de competencias, hai que facelo de xeito intencional.

Na educación primaria estabécense 8 competencias básicas, que son as seguintes:
  1. Competencia en comunicación lingüística.
  2. Competencia matemática.
  3. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.
  4. Tratamento da información e competencia dixital.
  5. Competencia social e cuidadá.
  6. Competencia cultural e artística.
  7. Competencia para aprender a aprender.
  8. Autonomía e iniciativa personal.
Non obstanta, hai veces nas que cremos que se traballan unhas competencias é realmente non é así, xa que realizar contas e operacións non quere dicir que estemos traballando a competencia matemática por exemplo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario