lunes, 30 de septiembre de 2013

Actividade 1: Carpeta de aprendizaxe

Hoxe a profesora explicounos que debiamos elaborar cada un de nós, obrigatoria e individualmente, unha carpeta de aprendizaxe da materia. 

A carpeta de aprendizaxe, tamén recibe o nome cartafol ou portfolio, aínda que o primeiro termo é o que se axusta máis a súa definición xa que é a súa finalidade máis salientable.

Pódese definir como un retrato evolutivo do proceso de aprendizaxe dunha persoa. É unha estratexia que inclúe os coñecementos, os pensamentos e as reflexións da alumna ou do alumno sobre os seus propios procesos de aprendizaxe. É unha avaliación cualitativa que serve para explicar o que aconteceu ao longo do curso escolar (Adaptación de Ferrándiz, López Martínez & Prieto, 2001).

A carpeta de aprendizaxe serve ademais para a autoaprendizaxe e para a evolución da mesma. Deste xeito, o/a docente da materia poderá seguir a evolución de cada un dos alumnos e alumnas mediante a observación da mesma.

Para iso, o portfolio debe conter reflexións sobre as aprendizaxes, é dicir, débese responder a preguntas como as seguintes:
  • Que aprendemos?
  • Que nos falta por aprender?
  • Que dúbidas temos?
Deben figurar tamén as actividades ou tarefas complexas que se realicen ó longo do período escolar, comentarios sobre as mesmas, conclusións propias de cada un dos estudantes, aspectos interesantes relacionados coa materia, reflexión sobre as competencias que se están ou non a desenvolver coa realización das actividades propostas, engadir algunha achega sé é preciso e sempre xustificándoa co seu comentario pertinente, etc. Ademais, as anotacións e cambios que se realicen no portfolio durante o proceso, débense facer con outra cor e para iso, eu empregarei a cor azul.

Segundo Bolivar (2009), a carpeta de aprendizaxe non se trata dunha colección de traballos realizados nin pode ser tampouco uns simples apuntamentos de clase, senón que, como se  mencionou anteriormente, débese ir "anotando o que se fixo durante a clase, no traballo autónomo e en grupo, con comentarios, anotacións e achegas propias, xustificando as competencias adquiridas, e citando correctamente a bibliografía utilizada.
É unha historia do traballo da persoa, do seu progreso, das súas dúbidas, da súa evolución, do que pensa e do que sente nun proceso de autorreflexión e autoavaliación".

Para a realización da miña carpeta de aprendizaxe elaborei este blog en blogger. A miña elección débese a que considero que neste formato podo organizar mellor os contidos do meu portfolio. Ademais, tamén estamos elaborando outro portfolio na materia de Lingua Francesa e a súa didáctica con este mesmo formato e creo que funciona moi ben e que é máis vistoso. 

Con todo, elaborei unha serie de etiquetas que están dispostas na parte superior do blog, xusto debaixo do título e onde categorizo as entradas en varios grupos segundo pertenzan a:
  • Actividades.
  • Avaliación.
  • Competencias.
  • Globalización.
  • Traballo por proxectos.
Desta forma, é moito máis sinxelo localizar os contidos, pois están todos agrupados por categorías.

As competencias que se adquiren elaborando a carpeta de aprendizaxe son a iniciativa e autonomía persoal, xa que cada un de nós é responsable de realizala segundo o seu ritmo de traballo e as súas necesidades; e a competencia de aprender a aprender, xa que reflexionamos sobre os nosas propias aprendizaxes.

lunes, 23 de septiembre de 2013

Reflexións sobre o cuestionario KPSI

Durante as primeiras clases dedicámonos a cubrir o cuestionario KPSI.

Trátase dun instrumento de avaliación no que predomina a autorregulación, xa que o estudante reflexiona sobre a súa propia aprendizaxe.

Emprégase habitualmente en dous momentos do curso: 
  • Ao inicio do mesmo para detectar os coñecementos e ideas previas do alumnado.
  • Ao final para que os estudantes o volvan a cubrir e o comparen co anterior, vendo así, o grado de adquisición das competencias e as aprendizaxes adquiridas.
Non obstante, en clases de Ciencias Experimentais, fixemos ambos cuestionarios nun curto período de tempo. O primeiro o fixemos na segunda clase teórica do luns 16 de setembro e o segundo, unha semana máis tarde (o luns 23 de setembro) despois da posta en común do primeiro cuestionario. 

Despois de comentar cada unha das respostas do primeiro cuestionario, decatámonos, ou polo menos eu, de que estaba moi confundida e que creía que sabía máis do que realmente sei. 

Como consecuencia disto, no segundo cuestionario non fomos tan positivos e as respostas ás preguntas variaron, e non para mellor.

Non obstante, isto non quere dicir que non saibamos nada, senón todo o contrario. Sabemos moitas cousas e temos moitos coñecementos. O que ocorre, es que non sabemos relacionalos entre sí e, polo tanto, os temos como contidos soltos e independentes.

Ao facer ambos cuestionarios, a mestra puido detectar cales eran as nosas dúbidas e isto serviu, para establecer un punto de partida e escoller así, os contidos que traballaríamos durante o curso.

Agora que xa finalizou o curso, temos que facer o último KPSI cando terminemos tódalas actividades, incluída a carpeta de aprendizaxe. Isto servirá como avaliación, para saber os coñecementos que adquirimos ó longo do curso, que esperemos que sexan moitos.

lunes, 16 de septiembre de 2013

Cuestionario KPSI

Hoxe, durante as clases A realizamos un cuestionario KPSI para detectar as nosas ideas previas.

O cuestionario KPSI presentaba as siguientes cuestións:
  • Apelidos e nome:
  • Sexo:
    • Muller
    • Home
  • Centro no que cursaches os  niveis anteriores ao universitario:
    • Público
    • Privado concertado laico
    • Privado concertado relixioso
    • Privado laico
    • Privado relixioso
  • Bacharelato cursado:
    • Ciencias sociais e humanidades
    • Científico
    • Artes
    • Outros estudos
  • Lee as siguientes frases e coloca unha cruz nunha das casiñas, de acordo cos teus coñecementos (1: non sei/ 2: sei algo/ 3: sei bastante/ 4: podería explicalo)
    • Coñezo as competencias que debe ter o profesorado
    • Coñezo diferentes formas de avaliar
    • Coñezo diferentes instrumentos de avaliación
    • Sei da importancia da ciencia na vida cotiá
    • Teño coñecementos de didáctica das Ciencias Experimentais
    • Coñezo o currículum de ciencias na Educación Primaria
    • Coñezo as competencias básicas e as súas implicacións no ensino
    • Podo deseñar e realizar actividades prácticas de CCEE
    • Coñezo distintos modelos de profesorado
    • Sei o que significa "xestión da aprendizaje"
    • Sei o que significa "xestión de aula"
    • Coñezo o traballo cooperativo
    • Coñezo o traballo por proxectos
    • Teño claro o concepto de avaliación
    • Coñezo distintos modelos de ensino e de aprendizaxe
    • Sei o que significa "xestión de centros"