viernes, 20 de diciembre de 2013

Actividade 5: Analizar de novo os relatos de aula

Despois de realizar os relatos de aula e tras haber traballado co concepto de globalización para a realización da tarefa nº 4 (analizar os catro casos sobre o mar), tivemos que volver de novo á primeira tarefa  e facer as modificacións que nós criamos oportunas.

  • Como nos organizamos para facer a tarefa?
Para levar a cabo esta tarefa, xuntámonos os tres membros do equipo e volvemos ler detidamente os dous relatos e a nosa análise de cada un deles.

Posteriormente, fomos parte por parte para decidir se a cambiabamos o a deixábamos como estaba.

Finalmente, fixemos as modificacións que consideramos oportunas, argumentando e aclarando a nosa decisión. Para iso, riscamos os apartados que estaban mal e os cambios os fixemos debaixo escribindo con cor vermella.

Os cambios que fixemos foron:

No relato A modificamos o método, que nun principio puxemos integración de áreas e despois coñecemento relacional, xa que o tema de traballar as plantas xurde a raíz de que unha alumna leva á clase unha planta que lle regalara o seu avó. 
Tamén modificamos dúas das competencias que nós críamos que sí se traballaban: a competencia social e cidadá e a competencia cultural e artística.

No relato B modificamos tres das catro competencias que puxemos que se traballaban e que despois démonos de conta de que non era así. Esas competencias eran: tratamento da información e competencia dixital, competencia no coñecemento e interacción co mundo físico e competencia matemática.

  • Reflexións.
Aínda que esta actividade foi a máis sinxela de todas porque a tarefa en sí xa estaba feita e só tiñamos que modificala, serviunos para decatarnos dos erros que cometemos nun principio. 


Isto débese a que despois das explicacións de clase, a nosa visión cambio por completo, sobre todo no referente ó apartado de competencias. 

Ó principio, calquera exercicio que tivese algunha relación coas matemáticas por exemplo, para nós desenvolvía esta competencia. E non é así, xa que contar e agrupar unha serie de elementos non significa que se desenvolva dita competencia, posto que ese exercicio non garante a aprendizaxe por parte dos alumnos.

Aquí está o resultado final desta tarefa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario