sábado, 21 de diciembre de 2013

Rúbrika para avaliar tarefas


A rúbrica é un instrumento de avaliación que serve para orientar ao alumnado sobre os criterios de avaliación que se van utilizar e, polo tanto, é un instrumento útil para a autorregulación das aprendizaxes. 

As rúbricas presentan unha escala (adoita ir do 1 ao 4) para definir e especificar cada un dos criterios que se pretenden conseguir cunha actividade concreta, xa que o alumnado debe comprender o que se pide en cada caso. As rúbricas, ademais, poden ser diferentes para cada actividade.

  • Como nos organizamos para facer a tarefa?
Para levan a cabo esta última tarefa de grupo fixemos o seguinte:

En primeiro lugar facer memoria das dúas actividades ás que lles tiñamos que pasar a rúbrica de autoavaliación: as actividades 7 e 8.

En segundo lugar establecer os obxectivos da actividades e elaborar unha conclusión ou valoración final das mesmas.

Finalmente, pasar a rúbrica. Para iso lemos atentamente cada un dos criterios e, modificamos na táboa con cor vermella, o apartado correspondente aos puntos que, segundo o noso punto de vista, son os que máis se axustan co noso traballo.

  • Reflexións.

Para levar a cabo esta última tarefa, tiñamos que pasar unha rúbrica de autoavaliación que esixía que fósemos autocríticos con nós mesmos e co noso traballo, cousa á que non estamos moi acostumados a facer, xa que sempre son os profesores os que nos avalían.

Sinceramente, tivemos algunhas disputas con respecto a determinados criterios, pois eu non estaba moi de acordo cos meus compañeiros que en moitos dos casos, dicían que tiñamos máis puntos dos que eu consideraba.

Aínda que somos conscientes de que as actividades non están perfectas, nós fixémolas o mellor que soubemos tendo en conta que somos tres a traballar e somos tres con criterios e ideas diferentes, xa que cada un de nós temos uns gustos e uns xeitos determinados de facer as cousas e tivémonos que amoldar ó grupo.

Non obstante, a pesar de todo, eu persoalmente estou moi satisfeita co traballo realizado nesta materia, xa non polas actividades que fixemos en grupo, senón polas cousas que aprendín.

Sei que non son moitos os conceptos que se imparten nesta asignatura de ciencias, pero non é iso o que se pretende. Preténdese que afiancemos coñecementos que son importantes para o noso futuro como docentes e que establezamos relacións entre elementos que nós categorizábamos como independientes (como é o caso da actividade 7 na que tivemos que relacionar competencias, criterios de avaliación e actividades complexas).

O propósito da educación non é que se aprendan moitas cousas (que tamén é importante porque o saber non ocupa lugar), senón que o que se aprende, que se aprenda ben.


Aquí adxunto o resultado final desta última tarefa grupal:

No hay comentarios:

Publicar un comentario