jueves, 28 de noviembre de 2013

Actividade 7: Relación entre competencias, criterios de avaliación e tarefas complexas

Nesta actividade tivemos que relacionar en primeiro lugar distintas competencias (a competencia dixital e a competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico). Despois, relacionar unha competencia cun criterio de avaliación e, finalmente, relacionar criterios de avaliación de cada ciclo con actividades complexas.

  • Como nos organizamos para facer a tarefa? 
Os dous primeiros apartados fixémolos no laboratorio cando tiñamos os grupos B.

Para o primeiro apartado, escollemos nun principio un parágrafo enteiro da competencia dixital que, segundo nós, era o que máis se axustaba ó parágrafo seleccionado da competencia no coñecementos e na interacción co mundo físico. 

Non obstante, cando fixemos a posta en común, decatámonos de que seleccionaramos moita máis información da que en realidade precisabamos e, debido a iso, acurtamos o parágrafo seleccionando só as frases que gardaban relación coa competencia anteriormente citada.

O segundo apartado da actividade, tamén o fixemos no laboratorio pouco antes de que a clase rematase, e por iso, non puidemos facer a posta en común por falta de tempo. 

Non obstante, para realizalo, leemos primeiro o criterio de avaliación que se nos indicaba e posteriormente, coa axuda do currículo, citamos e explicamos as competencias que tiñan relación con el.

O último apartado da actividade dividíase en 3 partes, cada unha correspondente a un ciclo de primaria. A parte dedicada ó terceiro e primeiro ciclo de Educación Primaria comentámolas na clase teórica dos grupos A do día 25 de novembro e, polo tanto, puidemos facer unha pequena posta en común na que algúns dos grupos de traballo expuxeron o realizado na clase. 

Para terminar a actividade, pensamos e buscamos na internet algunha actividade que puideramos levar a cabo no ciclo indicado, e mediante a cal se conseguise no alumnado aquilo que estaba explícito no criterio de avaliación.

Finalmente, pasamos a rúbrica á actividade, e indicamos os obxectivos que se pretenden acadar con ela, así como tamén unhas conclusións finais da tarefa.

  • Que fixemos durante as clases?
Durante as clases dos grupos de B no laboratorio, levamos a cabo os apartados A e B da actividades. Aquí tiñamos que relacionar entre si a competencia dixital coa competencia no coñecemento e interacción co mundo físico. O segundo caso consistía en relacionar un criterio de avaliación coas diferentes competencias básicas.

Durante a clase teórica desta semana, fixemos ou comezamos a facer o apartado correspondente o 1º e 3º ciclo de primaria da terceira e última parte da actividade. Neste caso, tiñamos que describir actividades complexas a partir dos criterio de avaliación que aparecían especificado para ambos ciclos.

  • Posta en común.
Durante a posta en común da primeira parte da actividade, e vendo o que fixeron as nosas compañeiras en cadanseus grupos de traballo, decatámonos de que o parágrafo que escolleramos nós do tratamento da información e competencia dixital era demasiado longo e só tiñamos que seleccionar aquela información que máis se axustase ós aspectos do texto que ven proposto na actividade. 

A posta en común da terceira parte da actividade durante as clases teóricas, axudounos moito a encamiñar este apartado da tarefa, pois analizando os criterios de avaliación propostos, puidemos saber o que se pretende conseguir coa actividade que escollamos posteriormente.

  • Reflexións.
Sen dúbida algunha esta foi a actividade que coa que máis dificultade tivemos para levar a cabo porque a tarefa alónxase moito do que estamos acostumados a facer. Non obstante, nunca tivemos a oportunidade de relacionar os distintos elementos do currículum e que, sen dúbida algunha, gardan unha importante relación entre eles, aínda que nunca o víramos desa maneira.

Ademais, esta actividade nos levou moito tempo de realización porque tardamos moito en establecer as relacións necesarias para facela con éxito. 

Sen embargo aprendemos a traballar co currículum dun xeito diferente pero quizais non é suficiente. É dicir, dende o meu punto de vista, considero esta actividade moi complexa e creo que deberiamos facer outras tarefas desde estilo, para poder relacionar os elementos do currículum con máis facilidade.


Aquí deixo o resultado final desta tarefa complexa que está subida á aula CESGA:

No hay comentarios:

Publicar un comentario