martes, 1 de octubre de 2013

Reflexión sobre a carpeta de aprendizaxe.

Aínda que este método é moi produtivo para o alumnado, gustaríame engadir que no meu caso é unha tarefa que me resulta moi complicada, posto que non estou acostumada a realizar este tipo de prácticas. 

Durante toda a miña vida escolar, nunca me pediron que fixese reflexións ou conclusións sobre a miña aprendizaxe, nin tampouco nos daban opción a expresar as nosas opinións ou sentimentos. 

Por iso, actualmente cústame falar e participar nas clases, pensar e reflexionar sobre o que aprendo e o que non, e facer propostas de mellora. 

Non obstante, aínda que non saiba moi ben como facer esta carpeta de aprendizaxe, intentarei esforzarme por facela o mellor posible e a medida que transcorra o curso, penso que lograrei aprender a reflexionar por min mesma. Ó fin e o cabo estamos aquí para aprender non?

No hay comentarios:

Publicar un comentario