miércoles, 9 de octubre de 2013

Actividade 3: Categorización de competencias

Esta semana, en lugar de ter a clase teórica do luns, tivemos unha conferencia obradoiro sobre competencias no salón de graos da nosa facultade. Esa charla é a que deu motivo para a realización desta tarefa.

  • Como nos organizamos para facer a tarefa?

En primeiro lugar asistimos todos a conferencia que se realizou o pasado luns 7 de outubro e na cal, uns profesores realizaron unha explicación sobre O espazo europeo de educación e as competencias docentes.


Unha vez finalizada a charla, déronnos un texto para ler y unhas instrucións para seguir e poder así, realizar a actividade. O texto falaba das competencias profesionais do Proxecto Tuning e nas instruccións pedíasenos que fixeramos unha categorización das 30 competencias segundo fosen instrumentais, interpersoais ou sistémicas. Despois teriamos que ordenalas segundo a súa importancia na nosa opinión e finalmente citar as dificultades que atopamos á hora de realizar o anterior. O mesmo proceso tiñamos que seguir tamén coas competencias da materia de Didáctica das Ciencias Experimentais II.

Posteriormente de ler as instrucións e ler o texto para poder contestar as preguntas, decidimos ler entre nós os tres todas as competencias unha por unha e categorizalas. Para isto non tivemos demasiada dificultade á hora de poñernos de acordo, pero si para clasificar algunha das competencias que, dende o noso punto de vista, eran similares, gardaban relación ou estaban incluídas unhas noutras.

Unha vez realizada esta parte, cada un de nós ordeno as competencias segundo o seu grado de importancia e logo fixemos unha posta en común do que fixemos. Cabe destacar que neste apartado tivemos algunha que outra dificultade para chegar a un acordo.

Cando rematamos todo o anterior, fixemos entre os tres o comentario describindo as dificultades que atopamos para categorizar e ordenar as 30 competencias.

Logo fixemos o mesmo proceso coas competencias que aparecen na guía docente da materia. Primeiro as lemos e as categorizamos entre todos, e finalmente fixemos o comentario.

  • Reflexións.
A principal complexidade desta actividade foi chegar entre nós a un acordo cando tivemos que ordenar as 30 competencias segundo o seu grado de importancia na nosa opinión. Cada un de nós temos criterios propios e diferente orde de prioridades o polo tanto, cando fixemos a posta en común decatámonos de que discerníamos moito da opinión dos demais membros do grupo. Tamén hai que ter en conta que eran moitas as competencias e que moitas delas, segundo o noso punto de vista (e aquí si que estabamos todos de acordo), estaban relacionadas entre si ou incluídas unhas noutras. Ao final fomos organizándoas pouco a pouco e riscando aquelas que xa escolleramos. Non obstante cambiamos moitas veces a orde das competencias ata chegar ó resultado final da clasificación. 

En canto a categorización, non atopamos moitas dificultades xa que na folla que nos deran na conferencia facilitábasenos unha explicación que nos axudou a decidir cales das competencias eran interpersoais, cales sistémicas e cales instrumentais.

Finalmente, esta actividade ademais de axudarnos a traballar mellor en grupo, a respetar as opinións dos demais así como tamén a defender e argumentar as nosas propias, permitiunos coñecer as competencias profesionais e sobre todo, as competencias da materia, que ningún de nós sabía e que estaban incluídas na guía docente.

O resultado final da actividade é o que se presenta no seguinte documento que está subido á aula CESGA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario