viernes, 4 de octubre de 2013

Actividade 2: Análise e valoración de relatos de aula

A análise e valoración de relatos de aula foi a primeira actividade en grupo que fixemos.
Para a súa realización, a profesora deunos unha folla na que se describían dous relatos de aula totalmente diferentes pero cun tema en común: as plantas.

  • Como nos organizamos para facer a tarefa?
En primeiro lugar cada un dos membros no noso grupo, lemos en voz baixa ambos relatos e subliñamos aquela información que consideramos relevante.

Despois, fixemos especial atención en aquilo que se nos pedía que fixeramos, que era comentar os relatos razoando e xustificando as respostas en función do método empregado en cada caso, da globalización, do rol que desempeñaba o alumnado e o profesorado, da identificación das actividades que se realizaron en cada relato, da avaliación desenvolvida e do achegamento ás competencias básicas.

Posteriormente, decidimos que cada un elaboraría un esquema de cada relato atendendo ós criterios mencionados anteriormente.

Finalmente, fixemos unha posta en común co que pensabamos cada un de nós e, tras discutir sobre determinados aspectos cos que non estabamos todos de acordo, elaboramos e redactamos o traballo nun documento de word para subilo posteriormente a aula CESGA.

  • Que fixemos durante as clases?
Durante a primeira clase B da materia que tivemos coa profesora o luns 16 de setembro, fixemos no noso grupo a posta en común co que realizamos cada un de nós de cada relato, para posteriormente chegar a un acordo e comezar a redactar o traballo.

Nesta clase, levamos varios libros que iamos empregar como fonde documental para realizar mellor a tarefa, pero a mestra díxonos que non buscásemos información xa que a actividade non pretendía iso.

O obxectivo principal da tarefa era detectar as nosas ideas e coñecementos previos e poder establecer deste xeito, un punto de partida para proceder coa explicación dos novos aprendizaxes.

Así, durante a clase B do 30 de setembro impartida polo profesor Uxío Pérez, realizamos entre todos a posta en común dos nosos traballos e o profesor anotou aqueles aspectos que nos presentaban certas dúbidas.

  • A posta en común dos traballos.
Durante a clase con Uxío, puxemos en común os traballos dos 3 grupos e os resultados foros os seguintes:
- Relato A: Integración de áreas. Hai feedback por ambas partes (profesor-alumno). O alumno ten un papel activo.  O profesor é un "mero guía". Realízanse actividades e tarefas complexas. Elaboración dun guión. Avaliación do profesor e do alumnado (autoavaliación). Desenvolven competencias. Aplicación para a vida (noutros contextos non escolares).

- Relato B: Método sumatorio de contidos. O tema é un pretexto para traballar os contidos. Alumno como espectador. Exercicios pouco activos. A avaliación a realiza o profesor por medio dun exame con preguntas sobre as plantas.

Así mesmo, durante a posta en común e debido as preguntas dirixidas que nos facía o profesor para detectar as nosas carencias e dúbidas, comprobamos que tiñamos moitas dificultades co apartado de avaliación (modelo, técnicas, instrumentos...) e que confundíamos varios termos. Os máis salientables foron a avaliación formativa e a avaliación formadora.

A avaliación formativa é a avaliación para a aprendizaxe. Emprégase como estratexia de mellora e para axustar o proceso de ensinanza- aprendizaxe sobre a marcha, de cara a conseguir as metas ou os obxectivos previstos. É unha iniciativa do docente.

A avaliación formadora, pola contra, é aquela que realiza o discente e que se fundamenta na autoaprendizaxe. Defínese como a valoración continua do proceso dos aprendizaxes por parte dunha persoa. Sería o que nós debemos facer ao elaborar as nosas carpetas de aprendizaxe.

  • Reflexións.
Aínda que nun principio presentemos moitas dúbidas e teñamos conceptos soltos sen relacionar na cabeza, este tipo de actividades sérvenos para aprender a decatarnos nós mesmos das nosas dificultades con respecto a determinados temas que nun principio cremos que sabemos. Con esta tarefa en concreto, tiven dificultades para realizar os apartados de globalización e de avaliación e serviume para darme conta de que tiña moitas carencias e moito que aprender neses dous temas. 

Non obstante, o profesor Uxío apuntou todas as nosas dubidas para comentarllas a nosa profesora e que ela poida así, dedicar tempo nas clases a explicarnos eses conceptos.

O resultado final da actividade 2: Análise e valoración de relatos de aula é o seguinte (pódese ampliar a folla para que se vexa mellor:

No hay comentarios:

Publicar un comentario