Hoxe, durante a clase A de teoría, estivemos facendo en pequenos grupos unha actividades sobre avaliación para detectar as nosas ideas previas.
A actividade consistía en analizar e seleccionar os ítems do cuestionario Q- Sort (¿para qué avaliar?) que, na nosa opinión, eran aplicables á etapa de educación primaria.
- Como nos organizamos para facer a tarefa?
Para realizar esta tarefa, lemos detidamente cada ítem e entre os tres decidimos se era ou non aplicable a etapa da educación primaria. Aquí non tivemos ningún problema xa que todos os membros do grupo estabamos de acordo en tódolos casos.
Despois escribimos nun papel unha pequena argumentación que explicase o por qué da nosa resposta con cada un dos 16 ítems.
Posteriormente, durante a posta en común tomamos nota dos resultados e corriximos aqueles ítems que tiñamos mal.
Finalmente, xa non en horas de clase, quedamos para pasar o traballo a ordenador. Para iso copiamos en primeiro lugar as nosas respostas, despois os resultados de tódolos grupos de traballo e, finalmente, fixemos as modificacións oportunas noutra cor.
- Que fixemos durante as clases?
Ao comezo da clase, a profesora repartiunos a folla do cuestionario Q-Sort, onde había un total de 16 ítems que respondían a pregunta: ¿Para que avaliar?.
Posteriormente, cada grupo de traballo tivemos que ler cada cuestión e seleccionar aquelas que, na nosa opinión, eran aplicables á educación primaria.
Despois, a mestra fixo no taboleiro unha táboa para completar cos resultados numéricos de cantos grupos estabamos ou non de acordo con cada ítem.
Finalmente, puxemos en común algúns razoamentos ou argumentos á certas respostas e a partir de aí xerouse un pequeno debate no que se discutían os diversos puntos de vista de varios grupos.
- Posta en común.
Para a posta en común, a profesora fixo unha táboa na que poñía as respostas (si ou non) correspondentes a cada un dos 16 ítems. Posteriormente, tras escoller un portavoz de cada grupo, fomos ítem por ítem levantando a man (portavoces) segundo pensabamos ou non que se podía aplicar a etapa mencionada anteriormente. A táboa cos resultados está presente no traballo subido a aula CESGA e que adxunto máis abaixo.
Finalmente, nos casos que a mestra consideraba oportunos, pedía a algúns grupos que estaban a favor ou en contra, que razoasen e argumentases as súas respostas.
Os ítems que máis polémica tiveron e que se corresponden cos que nós tiñamos mal, son o número 6 e o número 11. Nós pensabamos que non se podían aplicar a educación primaria pero tras a posta en común decatámonos de que si.
No primeiro caso, houbo grupos de traballo que non entenderon ben o que quería dicir o ítem, e nós parece que tampouco sabiamos o que quería dicir con prerrequisitos. Estes refírense os coñecementos que precisa saber o alumnado antes de comezar unha aprendizaxe. Por exemplo: para aprender a multiplicar, debes ter uns prerrequisitos, que serían saber sumar.
No segundo caso, resultou que sí era aplicable á educación primaria xa que a extensión da acta administrativa que certifica que o alumnado superase os aprendizaxes do curso ou do trimestre, é un elemento prescriptivo e polo tanto obrigatorio pola Administración Educativa.
- Reflexións.
Esta tarefa tiña como principal obxectivo identificar as nosas ideas previas sobre avaliación a partir da posta en común realizada na clase. Deste xeito, e grazas a elaboración da táboa e do debate que se produciu, a profesora puido comprobar que había cousas que non sabiamos (como por exemplo o que se corresponde co ítem 11 explicado anteriormente).
A min persoalmente, esta tarefa axudoume a comprender mellor as finalidades da avaliación, posto que non serve única e exclusivamente para poñer a cada un dos alumnos e alumnas unha nota numérica, senón que va moito máis alá. Non obstante, eu son consciente de que antes de comezar a carreira pensaba que a avaliación servía única e exclusivamente para verificar se aprendemos ou non uns determinados coñecementos ao finalizar un tema.
Sen embargo isto non é así, posto que hai moitos tipos de avaliación dependendo do momento no que se realice (inicial, continua ou final), dos protagonistas da mesma (autoavaliación, coavaliación, heteroavaliación) ou mesmo da finalidade ou función que teña (diagnóstica, formativa e sumativa).
Non obstante, os estudantes de educación primaria e secundaria, non saben como e para qué están sendo avaliados nin con qué criterios, e penso que é algo do que deberían ser conscientes tanto os estudantes como as familias.
Sen embargo isto non é así, posto que hai moitos tipos de avaliación dependendo do momento no que se realice (inicial, continua ou final), dos protagonistas da mesma (autoavaliación, coavaliación, heteroavaliación) ou mesmo da finalidade ou función que teña (diagnóstica, formativa e sumativa).
Non obstante, os estudantes de educación primaria e secundaria, non saben como e para qué están sendo avaliados nin con qué criterios, e penso que é algo do que deberían ser conscientes tanto os estudantes como as familias.
O traballo grupal, que está subido a aula CESGA, é o que se presenta a continuación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario