Levo toda a miña vida confundindo dous termos que son totalmente diferentes e que para min eran sinónimos. Estou falando das actividades ou tarefas e dos exercicios. Sempre chamei actividades a toda acción que se levase á práctica no contexto escolar. Non obstante, non todo o que facemos son actividades.
Hoxe, a profesora Lires explicounos na clase teórica a diferenza que existe entre estes dous termos:
Actividades/tarefas complexas ≠ exercicios
As actividades ou tarefas son accións intencionadas que unha persoa considera necesarias para conseguir un resultado concreto referente á resolución dun problema. Ademais implica a mobilización de diferentes contidos, estratexias e competencias. Estas últimas só teñen sentido na acción e polo tanto apréndense mediante a realización das actividades ou tarefas.
Segundo Vygotski e a escola soviética, apréndese a través de actividades e en interacción co profesor e o resto do alumnado
Para que unha actividade sexa complexa o alumnado debe producir algo e o profesor debe avaliar esas produccións a través de diferentes métodos.

Por outra parte, os exercicios só permiten mecanizar algo aprendido. Son necesarios na educación pero non son suficientes para afianzar os coñecementos.
En definitiva: os exercicios realízanse despois das aprendizaxes para exercitar (como o seu propio nome indica) a memoria; e as actividades, realízanse para aprender e implican procesos mentais máis ricos ca memorización repetitiva.

Deste xeito, realizar unha operación de matemáticas por exemplo é un simple exercicio que se fai de xeito mecánico. Non obstante, un exemplo de actividade pode ser un debate ou unha saída didáctica sempre e cando esta estea ben planificada e non se trate dunha mera excursión ou actividade lúdico-festiva. É dicir, unha actividade realízase con fins educativos e supón, por parte do alumnado, un traballo e esforzo mental, xa que debe pensar, reflexionar, participar, etc.
No caso desta materia de ciencias, estamos facendo actividades ou tarefas complexas, posto que os traballos que temos que realizar implican que pensemos e reflexionemos, que relacionemos contidos novos cos coñecementos que xa temos adquiridos (aprendizaxe significativa), que fagamos postas en común para contrastar as nosas ideas coas dos demais e así aprender os uns dos outros, etc. Así, poderemos afianzar as nosas aprendizaxes e coñecementos e non nos limitaremos a chapar contidos sen utilidade que posteriormente esqueceremos (como estamos a acostumados a facer).
No hay comentarios:
Publicar un comentario