martes, 29 de octubre de 2013

O proceso de avaliación

Por avaliar entendemos a estimación ou cálculo dos coñecementos, aptitudes ou rendemento do alumnado. Podemos tamén concibir a avaliación como unha oportunidade para coñecer e adoptar decisións que conduzan á mellora de ese rendemento, xa que a avaliación pode resultar unha oportunidade para o cambio e a mellora do proceso.

A avaliación é un proceso que se divide en tres etapas e que serve para axudar ao alumnado no se proceso de aprendizaxe. Non obstante, ten que ser intencionada, xa que non se limita a observar sen máis, senón que hai que ter claro o que se vai a observar. As etapas son as seguintes:

  1. Recollida de información.
  2. Análise  desa información e xuízo sobre o resultado da análise.
  3. Toma de decisións de acordo co xuízo emitido.
A avaliación presenta unhas determinadas funcións:
  • Unha de carácter social de selección e clasificación pero tamén de orientación e promoción do alumnado.
  • E outra de carácter pedagóxico/didáctico, de regulación dos procesos de ensio e aprendizaxe para que os estudantes melloren as súas aprendizaxes.
Segundo indica o currículum de Educación Primaria, a avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado será continua, global, formativa e integradora e terá en conta o seu progreso no conxunto de todas as áreas.

A avaliación continua ou procesual é aquela que observa os procesos de aprendizaxe dos alumnos, ofrecendo o apoio pedagóxico oportuno e, en cada caso, permite modificar as estratexias ó longo do proceso.

A avaliación global é a que abarca ou pretende abarcar todos os compoñentes ou dimensións do proceso de ensinanza- aprendizaxe (alumnado, centro educativo, profesorado, programa, etc.)

Finalmente, a avaliación formativa é a avaliación para a aprendizaxe. Emprégase como estratexia de mellora e para axustar o proceso de ensinanza- aprendizaxe sobre a marcha, de cara a conseguir uns obxectivos ou metas previstas.

Os criterios de avaliación do currículum de educación primaria son uns elementos moi importante e que debemos ter en conta sempre.

Para saber que pode aportar un área a un tema ou punto de interese, temos que consultar os criterios de avaliación do currículum.

Os contidos son iguais no currículum de Educación Primaria dende 1º ata 6º, pero cambia o nivel de profundidade e de desenvolvemento das competencias, que o indican os criterios de avaliación. É dicir, a diferenza radica nos criterios de avaliación que é o que nos indica como se traballa. Polo tanto, t
odo se pode traballar pero partindo dos puntos de interese do alumnado. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario