lunes, 23 de septiembre de 2013

Reflexións sobre o cuestionario KPSI

Durante as primeiras clases dedicámonos a cubrir o cuestionario KPSI.

Trátase dun instrumento de avaliación no que predomina a autorregulación, xa que o estudante reflexiona sobre a súa propia aprendizaxe.

Emprégase habitualmente en dous momentos do curso: 
  • Ao inicio do mesmo para detectar os coñecementos e ideas previas do alumnado.
  • Ao final para que os estudantes o volvan a cubrir e o comparen co anterior, vendo así, o grado de adquisición das competencias e as aprendizaxes adquiridas.
Non obstante, en clases de Ciencias Experimentais, fixemos ambos cuestionarios nun curto período de tempo. O primeiro o fixemos na segunda clase teórica do luns 16 de setembro e o segundo, unha semana máis tarde (o luns 23 de setembro) despois da posta en común do primeiro cuestionario. 

Despois de comentar cada unha das respostas do primeiro cuestionario, decatámonos, ou polo menos eu, de que estaba moi confundida e que creía que sabía máis do que realmente sei. 

Como consecuencia disto, no segundo cuestionario non fomos tan positivos e as respostas ás preguntas variaron, e non para mellor.

Non obstante, isto non quere dicir que non saibamos nada, senón todo o contrario. Sabemos moitas cousas e temos moitos coñecementos. O que ocorre, es que non sabemos relacionalos entre sí e, polo tanto, os temos como contidos soltos e independentes.

Ao facer ambos cuestionarios, a mestra puido detectar cales eran as nosas dúbidas e isto serviu, para establecer un punto de partida e escoller así, os contidos que traballaríamos durante o curso.

Agora que xa finalizou o curso, temos que facer o último KPSI cando terminemos tódalas actividades, incluída a carpeta de aprendizaxe. Isto servirá como avaliación, para saber os coñecementos que adquirimos ó longo do curso, que esperemos que sexan moitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario